¿Un oso? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
¿Un jabalí? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
          
Añadir a Favoritos  Actualizar página  Imprimir página           Inicio   Buscar   Contacto   Foro   Libro de Visitas    Links

Publicidade:

Inicio - Gastronomía - Repostaría

Repostaría

A repostaría ten un especial protagonismo na gastronomía eumesa: os melindres e almendrados, a prolla, o manguito eumés ou a torta de Pontedeume son os máis significativos dos doces que se elaboran. é tradicional o seu consumo xunto ao queixo do país ou queixo fresco que se vende no Feirón. Aínda que basicamente os ingredientes que se mostran son os elementais, cada casa eumesa ten os seus propios segredos e trucos para elaborar estas magníficas sobremesas dignas do mellor padal.

Melindres e almendrados
Son os grandes protagonistas tras a finalización dunha comida familiar; postre por excelencia de Pontedeume. Imprescindibles en calquera mesa en tempadas de festa. Os melindres están feitos a base de xema de ovo, fariña e anís, que unha vez forneados e frios báñanse en almíbar en punto forte. Os almendrados, compañeiros inseparables dos melindres, fanse con clara de ovo, azucre e améndoa moída, resultando, unha vez cocido, un doce cun exterior duro e un interior zumento e suave.

 

A prolla
A prolla é unha sobremesa típica de Pontedeume. A súa elaboración consiste na elaboración dunha masa con fariña, manteiga, fermento, azucre e anís. A masa cócese no forno cuberta de azucre e tamén pode levar canela. Unha vez cocida bótaselle o anís pola superficie e introdúcese de novo no forno para queimalo suavemente mentres se funde co azucre.
A prolla é un doce moi reclamado polos habitantes da Vila, sobre todo en épocas de patrón.

 

O manguito eumés
Un das sobremesas máis antigas de Pontedeume é o manguito, bizcocho redondo cuxo principal ingrediente é a améndoa. Elaborado con fariña, améndoa, fermento e azucre, o manguito ten a característica de que leva un buraco no centro co motivo de que se faga ben por dentro, dado que a améndoa tarda demasiado en cocerse.

 

Torta de Pontedeume
Tarta similar á tarta típica de Santiago que xa figuraba no antigo libro de receitas o "Picado", recetario que, segundo reposteras da Vila, data de finais do século XIX, comezos do XX. A torta está composta por xema de ovo, améndoa e azucre. O principal ingrediente é a xema, que destaca pola súa abundancia, por iso é polo que hai xente da Vila que a chama "torta de xema".
Aínda que en aparencia é similar á torta de Santiago, a diferenza é que a de Santiago ten como ingrediente sobresaliente a améndoa.

 

Ingredientes (para 10 persoas):
- 700 gr. de azúcar
- 1/2 litro de auga
- 400 gr. de améndoas crúas non tostadas
- 12 xemas de ovo
- Pasta crebada

Preparación:
Comezamos facendo a pasta crebada con fariña, manteiga, un pouco de fermento en po e un vaso de viño branco, deixándoa repousar durante 2 horas xunto á calor. Co azucre e a auga facemos un almíbar espeso a lume lento ao que engadiremos as améndoas crúas reducidas a po (por trituradora eléctrica ou simplemente rallándolas) e as xemas de ovo enteiras.

Batemos e unimos almíbar, améndoas e xemas. Debemos formar unha especie de crema consistente, pero que non debe estar dura.

Collemos a pasta crebada e forramos con ela un molde propio de tortas. Enchemos co anteriormente preparado e cocemos a forno suave ata que estea feito (ata que ao picar cunha agulla, esta salga limpa).

Desmoldamos en frío.

Podemos decorar con nata, crema , azucre glasé ou chocolate negro.

Esta sección ha sido realizada con la colaboración de "Confeitería Obradoiro".

< Voltar atrás       ^ Ir arriba

  

El Tiempo por Tutiempo.net

www.pontedeumeturismo.es

O máis destacado

'Pontedeume Turismo.es'
na revista 'Elle'
Ler máis...


¡Séguenos en Facebook!


¡Séguenos en Twitter!

Fotos oficiais do
"III FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE".
Ir a galería...

Mosteiro de
Caaveiro en 360º

Ir a enlace...

Vídeo especial desde un Oktokóptero.
Ver vídeo...

Pontedeume
en 3D
no Google Maps.
Ir a ligazón...

Especial Caaveiro
e
Fragas do Eume
Ler máis...

Máis novas...

Publicidade:
 
El Tiempo actualizado cada 20 minutos
O Tempo en Galicia
El Tiempo en Galicia
Publicidade:
 
Consultar o Tráfico
El Tráfico (DGT)
Chegar a Pontedeume
Llegue a Pontedeume desde cualquier lugar del mundo
Estado da Lua hoxe
Estado diario de la Luna