¿Un oso? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
¿Un jabalí? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
          
Añadir a Favoritos  Actualizar página  Imprimir página           Inicio   Buscar   Contacto   Foro   Libro de Visitas    Links

Publicidade:

Inicio - Historia - Evolución da Vila - Demografía e economía

Demografía e economía

Os datos que se coñecen de Pontedeume sobre o aspecto demográfico non son moitos, pero os que hai deixan algunha constancia da evolución neste sentido.

Fundada a póboa a comezos do último tercio do século XIII (ver gráfico 1), a poboación crecerá ata o primeiro cuarto do século XVII, chegando a superar os 1000 habitantes e as 300 casas. O século XVII é un século de estancamento ao que segue outro periodo de expansión ata finais do século XVIII, momento en que se roldan os 2000 habitantes e as 389 casas.

Este crecemento ata comezos do século XVII foi debido, en gran medida, a:

- A actividade pesqueira. Esta actividade deixa pegada na agora rúa Pescadería.

- A actividade comercial. A mesma actividade pesqueira xera a canalización dos productos agropecuarios do contorno. Tamén a fundación dunha feira é un bo catalizador desta actividade mercantil. En 1464 Enrique IV concede a celebración dunha feira o último domingo de cada mes, a onde acoden agricultores, gandeiros, etc. a promocionar os seus produtos.

A Praza do Alcacer, nome que denominaba á cebada verde en herba, dá constancia da presenza das xentes do medio rural na Vila. O mesmo ocorre coa rúa Carnicería, onde a gandeiría cobraba o protagonismo.

O século XVIII é un século de expansión na Vila, o cal supoñerá un cambio importante respecto da antiga distribución da póboa.

No gráfico 2 aprécianse os seguintes cambios:

- A apertura na muralla de tres novas portas: Postigo, Salga e Carnicería, aínda que seguramente xa foran abertas nunha etapa anterior.

- A presión da poboación sobre a muralla, o que obriga ao concello a tirar partes dela, nun lento e agónico proceso que leva á súa completa desaparición.

- A construción, fóra da antiga cuadrícula, en 1763, das denominadas lonxas de Rajoy.

Xa en 1850 Pontedeume ten uns 1800 habitantes; 2718 en 1900; e 3886 en 1950 (ver gráfico 3). Neste momento aflora na poboación o comercio do curtido (levantouse unha fábrica á beira do que é hoxe a estrada da estación ou Avenida de Ferrol) e o desenvolvemento que para a zona significa os asteleiros ferroláns.

Con todo isto quedan asentadas as bases da expansión urbanística da Vila (ver gráfico 4). Actualmente a poboación de Pontedeume rolda os 9000 habitantes, dos cales, algo máis da metade viven no núcleo urbán, distribuíndose o resto polas diferentes parroquias. O concello abarca ao redor de 30 Km2. A principal fonte de ingresos na actualidade é o sector servizos e o comercio.

< Voltar atrás       ^ Ir arriba

  

El Tiempo por Tutiempo.net

www.pontedeumeturismo.es

O máis destacado

'Pontedeume Turismo.es'
na revista 'Elle'
Ler máis...


¡Séguenos en Facebook!


¡Séguenos en Twitter!

Fotos oficiais do
"III FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE".
Ir a galería...

Mosteiro de
Caaveiro en 360º

Ir a enlace...

Vídeo especial desde un Oktokóptero.
Ver vídeo...

Pontedeume
en 3D
no Google Maps.
Ir a ligazón...

Especial Caaveiro
e
Fragas do Eume
Ler máis...

Máis novas...

Publicidade:
 
El Tiempo actualizado cada 20 minutos
O Tempo en Galicia
El Tiempo en Galicia
Publicidade:
 
Consultar o Tráfico
El Tráfico (DGT)
Chegar a Pontedeume
Llegue a Pontedeume desde cualquier lugar del mundo
Estado da Lua hoxe
Estado diario de la Luna