¿Un oso? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
¿Un jabalí? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
          
Añadir a Favoritos  Actualizar página  Imprimir página           Inicio   Buscar   Contacto   Foro   Libro de Visitas    Links

Publicidade:

Inicio - Qué ver - Fragas del Eume

Fragas do Eume

O Parque Natural das Fragas do Eume acolle as fragas costeiras mellor conservadas de toda Europa, e un dos escasísimos bosques da súa clase do continente. Albergan numerosas especies animais e vexetais ameazadas, algunhas reliquias, así como os ecos dunha extraordinaria historia que toma singular brío na época medieval.


¿Qué é unha fraga?

En Galicia chamámoslles fragas ás zonas de bosque espesas, ao interior das cales a luz chega sempre velada pola ramaxe. Perduran así no seu seo a humidade, a frescura, a temperatura case constante e, sobre todo, a vida. Existen nas fragas miles de formas diferentes, cada unha delas peza imprescindible dun ecosistema tan fráxil como pertinaz e lonxevo.

E así, desde sempre atopamos estes lugares proclives á maxia e ao misterio, á meditación e ás lendas. E integrámolos na nosa cultura.
O termo "fraga" abarca, na linguaxe popular galega, varios tipos de bosque. Todos eles pertencen aos denominados bosques atlánticos caducifolios europeos: carballales de varias especies, haxedos, bidueirais ou bosques de fresnos e avellanos.

Segundo as condicións de clima, chan e altitude de cada zona, a árbore dominante pode ser o carballo (Quercus robur) ou o melollo (Quercus pyrenaica). Con eles conviven outras especies como castaños, acevros, espiños, loureiros, madroños, perales silvestres ou alcornoques.

Integran o parque natural varios ecosistemas típicos de interior da provincia da Coruña, ademais da propia fraga: o río Eume co seu extenso bosque de ribeira, a matogueira de toxo e xenista, e a campiña coas súas terras de labor, prados de sega, sebes e edificacións tradicionais.

 

Situación

O Parque Natural das Fragas do Eume, declarado en 1997, esténdese por 9.125 hectáreas de ladeiras e montes que acompañan ao río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña.

O seu límite oriental é a Serra da Loba (700 m. de altitude), na cadea dorsal galega. Cara ao oeste, o parque esténdese ata moi pouco antes da desembocadura do río en Pontedeume. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ao norte coa de Ferrolterra e ao sur coa das Mariñas.

Son cinco os concellos que comparten o espazo natural. Deste a oeste: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.


Un tesouro en fieitos

Singular interese teñen os fieitos das fragas, algúns deles verdadeiras xoias botánicas provenientes da época terciaria (entre fai 65 e 1,6 millóns de anos), cando os dinosauros aínda dominaban a Terra.

Xunto a eles, á sombra das árbores ou nas marxes dos campos de labor, crecen infinidade de plantas e flores, algunhas delas tamén exclusivas do noroeste peninsular.

 

Fauna

En canto á fauna, destacan as fragas pola súa poboación de mamíferos, que inclúe lobo, corzo, xabaril, nutria, marta, garduña, jineta, tejón...

Tamén as aves forestais manteñen no parque nutridas poboacións: carboeiros, arrendallos, petivermellos... As paredes do canón do Eume son o único fogar do buho real na provincia da Coruña.

Entre os anfibios, a salamandra rabilarga, case exclusiva de Galicia, ten aquí unha excelente poboación. Os invertebrados están representados por unha enorme variedade de especies. As máis representativas do carácter único destas fragas son tres endemismos: o Carabus galicianus, a babosa Geomalacus ou o Pyrochora coccinea.

 

O Mosteiro de Caaveiro

Situado no corazón das fragas, nun promontorio sobre o río Eume, este mosteiro foi fundado no século IX na entón vila de Calavario, de aí o seu nome. A súa historia é a das propias fragas: vinculado ás familias Traba e Andrade, a súa xurisdición amplíase a unha extensa comarca. A crise chega co século XIX e, con motivo da desamortización, en 1849, sae a poxa. É adquirido por un particular, que acomete a súa restauración. En 1971 é declarado conxunto histórico-artístico e, no 1975, monumento de interese provincial. En 1986 apróbase o expediente de expropiación que converte ao mosteiro e os seus arredores en propiedade da Deputación da Coruña.


Ver tamén: "El cenobio que ensalza el último bosque atlántico"

Ver tamén: "Mosteiro de Caaveiro en 360º"

< Voltar atrás       ^ Ir arriba

  

El Tiempo por Tutiempo.net

www.pontedeumeturismo.es

O máis destacado

'Pontedeume Turismo.es'
na revista 'Elle'
Ler máis...


¡Séguenos en Facebook!


¡Séguenos en Twitter!

Fotos oficiais do
"III FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE".
Ir a galería...

Mosteiro de
Caaveiro en 360º

Ir a enlace...

Vídeo especial desde un Oktokóptero.
Ver vídeo...

Pontedeume
en 3D
no Google Maps.
Ir a ligazón...

Especial Caaveiro
e
Fragas do Eume
Ler máis...

Máis novas...

Publicidade:
 
El Tiempo actualizado cada 20 minutos
O Tempo en Galicia
El Tiempo en Galicia
Publicidade:
 
Consultar o Tráfico
El Tráfico (DGT)
Chegar a Pontedeume
Llegue a Pontedeume desde cualquier lugar del mundo
Estado da Lua hoxe
Estado diario de la Luna