¿Un oso? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
¿Un jabalí? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
          
Añadir a Favoritos  Actualizar página  Imprimir página           Inicio   Buscar   Contacto   Foro   Libro de Visitas    Links

Publicidade:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Inicio - Qué ver - Monumentos

Monumentos

Nesta sección poderá coñecer os puntos de maior interese dentro e fora do centro histórico de Pontedeume.

Monumentos dentro do casco antigo:

O casco antigo de Pontedeume está repleto de pegadas do pasado que o fan fascinante e que envolven ao turista nun halo de misticismo. A marca indeleble da familia Andrade e o esforzo do Arcebispo de Santiago Bartolomé Rajoy y Losada, entre outros, deixaron na Vila unha serie de monumentos e espazos de obrigada visita. Dar unha volta polo casco antigo e impregnarse de toda esa historia é volver á época dourada da Vila.

Se desexa imprimir ou gardar un plano coas localizacións dos monumentos, vaia á sección Descargas.

Ponte de pedra

Construción emblemática que dá nome á Vila, foi reedificado entre 1863 e 1870, e remodelado entre 1884 e 1888, ata quedar cos 15 arcos actuais. Substituíu a unha ponte gótica de 68 arcos e máis de 850 metros, que mandou construír, con dúas torres, capela e hospital no medio para peregrinos, Fernán Pérez de Andrade "O Boo" entre 1374 e 1380. Desta ponte gótica só quedan o Oso e o Xabaril, que hoxe flanquean a estrada N-651 e que estiveron entre os arcos segundo e terceiro, no oco dos taiamares.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Praza do Conde

Nun principio propiedade do Conde de Andrade, pasou en data indeterminada a ser propiedade da Vila, véndose notablemente ampliada en 1936 coa desaparición do pazo. No seu centro construíuse en 1671 a fonte ou Pilón, abastecida coa auga dos manantiais da saia do monte Breamo. O actual Pilón foi realizado en 1788 polo mestre de canteiría Andrés de Monteagudo. Entre 1951 e 1960 realízase nela a praza do Mercado.

^ Ir arriba

Torreón dos Andrade

Torre de 18 metros de alto e 11,50 de lado, hoxe Oficina de Turismo e Centro de Interpretación dos Andrade, é o último resto do chamado Pazo (Palacio) dos Andrade, que completaba o recinto amurallado da Vila pola súa banda oeste, foi posiblemente construído por Fernán Pérez de Andrade "O Boo" a finais do século XIV. En 1905 pasa a ser propiedade da Vila e en 1911 derrúbase unha parte para abrir a Avenida de Lombardero. En 1936 desaparece o resto, posibilitando unha considerable ampliación da Praza do Conde.

Na década dos trinta do século XX colócase o escudo de don Ginés Ruiz de Castro Andrade, antes situado na fachada principal do pazo, e en 1951 realízase o coronamento e ábrese a porta que dá á Praza do Conde.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Muralla da Vila

A muralla, con 9 torres e 5 portas (Ponte, Salga, Porto, Postigo e Carnicería), estendíase pola ribeira do mar, bordeaba o pazo, ía polas actuais rúas de Picho e Tafona, e baixaba xunto ao convento de San Agustín, incluíndo a fonte dentro do recinto amurallado.

Bordeando o atrio da igrexa de Santiago, xunto ao que foi a porta do Postigo, realizada en 1619, consérvase a base da antiga muralla.

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Edificio do Concello e Rúa Real

Desde 1371 ata a instauración dos concellos constitucionais, os Andrade mediatizaron o goberno da Vila con sede no concello (casa consistorial).

Da intervención nela de Fernando Ruiz de Castro (1506-1575), deixa constancia o escudo que foi picado en 1820 e posteriormente restituído. Sufriu o incendio de 1607 e foi reedificado en 1609. Durante a alcaldía de don Celestino Sardiña volveu ser reedificada, manténdose na fachada a mesma configuración e as pedras reutilizables.

Atópase situada na primitiva praza do Rolo, despois praza Real, presente desde a fundación da Vila en 1270 e ampliada en 1617.

Actualmente é unha das zonas de máis fama de Pontedeume de face ao lecer, debido en parte ao gran número de terrazas que se despregan na praza e aos postos de comerciantes do Feirón que se colocan polas rúas todos os sábados.

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez

^ Ir arriba

Igrexa Parroquial de Santiago

A capela maior coa sacristía vella foi mandada construír por don Fernando de Andrade no primer terzo do século XVI. Cuberta con bóveda estrelada, nela, xunto ao Santiago sedente de granito policromado de finais do século XIV, destaca o retablo renacentista, realizado en 1530 e ampliado e dourado en 1564 polos inmediatos descendentes de don Fernando. As súas pinturas sobre táboa do ciclo da paixón posúen unha indubidable unidade estilística, máis próximas ao Gótico flamenco que ao Renacemento.

O resto da igrexa é obra patrocinada polo arcebispo de Santiago Bartolomeu Rajoy e Losada, realizada, segundo traza de Manuel dos Mártires, entre 1756 e 1763. A fachada coas súas torres, obra destacada do barroco galego, foi contratada por Alberto Ricoy.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Igrexa das Virtudes

Chamada tamén da nosa Señora do Soto, foi mandada construír por Nuno Freire de Andrade en 1378. Da primitiva construción só se conserva un sillar co escudo dos Andrade e o tímpano da porta coa imaxe da Virxe. O seu aspecto actual responde á reedificación custeada entre 1672 e 1680 polo indiano Andrés Copeiro. A espadana é de 1817 e a media laranxa e cimborrio foron reedificadas en 1858 polo arquitecto Faustino Domínguez. Do seu mobiliario, destaca o retablo maior, barroco, de columnas salomónicas e relicarios, realizado a finais do século XVII, posiblemente, por Alonso González; e pintado con posterioridade a 1718.

^ Ir arriba

Pazo do Arcebispo Rajoy e Praza do Pan

Foi mandado construír na segunda metade do século XVIII polo arcebispo eumés Bartolomeu Rajoy e Losada (1690-1772), no que foi a casa do seu pai, o boticario Nicolás Rajoy. Na fachada conviven elementos típicos da escola compostelá con outros novos, máis clasicistas, de influencia francesa. Componse dun baixo con soportais de grosos alicerces cajeados, dous pisos con balcóns, percorridos por pilastras de orde xigante e un remate en peite que contén o escudo do Arcebispo. Limita ao norte coa Praza do Pan, antigo espazo destinado ao alfolí (desde 1713) e logo a praza do Pan (1840); derrubada en 1940 para ser convertida en público. Foi remodelada en 1984 polo artista José Días Fontes, quen esculpió a muller en bronce que moldea pan.

^ Ir arriba

Antigo Convento de San Agostíño

Fundado extramuros á Vila por don Fernando de Andrade, en 1538, co nome de Sta. María da Graza, pechouse en 1835 por mor das leis de desamortización. Da época da fundación consérvase unha á do claustro renacentista, mentres que a hoxe fachada principal é barroca, da segunda metade do século XVIII. Entre 1842 e 1848 funciona como cuartel e escola. En 1848 é poxado e pasa a mans privadas, ata que na década dos oitenta do século XX é adquirido pola Vila, sendo convertida en casa da Cultura. A igrexa, que non foi poxada, demólese en 1867 para abrir a Avenida de Rajoy, mentres que a horta foi adquirida en 1864 ao particular que a comprou, pasando a chamarse Alameda de Rajoy.

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez

^ Ir arriba

Cátedra de Latinidade

O edificio destinado hoxe a Biblioteca Municipal foi casa do rexedor Beltrán de Anido, que doa, en 1580, no seu testamento, para Cátedra de Latinidade; condición que se mantén ata 1851.

Segundo reza nos dinteles da porta, foi reconstruída en 1621, tras sufrir o incendio de 1607, ampliada en 1707 e novamente reedificada en 1822.

^ Ir arriba

Monumentos fora do casco antigo:

Capela de San Miguel de Breamo

A igrexa de San Miguel atópase a preto de 2 Km de Pontedeume, seguindo a estrada N-651 ou a 1,5 Km subindo a pé polo camiño que nace preto da Igrexa Parroquial de Santiago de Pontedeume.

O primeiro documento no que aparece mencionado o Real Priorado de San Miguel ten data de 1234, con motivo dun preito entre Breamo e o mosteiro de Sobrado, pero se cre que a súa existencia vén de medio século antes, concretamente no 1187, segundo a inscrición no contrafuerte esquerdo da porta principal.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Castelo de Andrade

Álzase sobre a Pena Leboreira, na parroquia de Nogueirosa, dominando toda a desembocadura do río Eume e o nacemento da ría de Ares. Aínda que se haxa a só 3 Km. de Pontedeume en liña recta -o que alimentou a lenda de que existía un pasadizo secreto desde o castelo ata o torreón da Vila- o desnivel do terreo impide un camiño directo.

A construción do castelo de Andrade foi realizada entre 1369 e 1377 por orde de Fernando Pérez de Andrade "O Boo", sobre terreos arrebatados aos monxes de Sobrado.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

^ Ir arriba

Mosteiro de San Xoan de Caaveiro

Seguindo a estrada que parte desde a gasolineira do centro do pobo e bordeando o río Eume chégase ao mosteiro de San Juan de Caaveiro. Está situado no corazón da últimas fragas atlánticas autóctonas -a fragas do Eume-, apenas a 14 Km de Pontedeume. As orixes deste mosteiro están encadrados no movemento eremítico que, nacido nos primeiros séculos do cristianismo, ten unha especial incidencia na alta idade media.

En 1975 un decreto declara o mosteiro Monumento de Interese Histórico-Artístico. Actualmente estase levando a cabo unha profunda restauración do mosteiro.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

Ver tamén: "El cenobio que ensalza el último bosque atlántico"

Ver tamén: "Mosteiro de Caaveiro en 360º"

^ Ir arriba

Mosteiro de Santa María de Monfero

Aínda que non se atopa no concello de Pontedeume -pertence ao de Monfero-, o mosteiro de Santa María é un lugar relacionado intimamente coa familia Andrade, posto que no seu interior atópanse os sepulcros da maioría dos membros desta saga familiar, tan importante para o desenvolvemento da Vila. Entre outros se atopan Fernán Pérez de Andrade, falecido en 1470; Nuno Freire de Andrade “O Mao”; Pedro Fernández de Andrade, que morreu en 1435 ou Diego de Andrade, que deixou de existir en 1492.

O mosteiro comezou a construírse no século XII. Neste século levantouse a primeira igrexa, da que só queda o muro meridional. O actual Mosteiro construíuse desde 1622 a 1656.

Ver tamén Historia/Monumentos máis importantes

< Voltar atrás       ^ Ir arriba

  

El Tiempo por Tutiempo.net

www.pontedeumeturismo.es

O máis destacado

'Pontedeume Turismo.es'
na revista 'Elle'
Ler máis...


¡Séguenos en Facebook!


¡Séguenos en Twitter!

Fotos oficiais do
"III FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE".
Ir a galería...

Mosteiro de
Caaveiro en 360º

Ir a enlace...

Vídeo especial desde un Oktokóptero.
Ver vídeo...

Pontedeume
en 3D
no Google Maps.
Ir a ligazón...

Especial Caaveiro
e
Fragas do Eume
Ler máis...

Máis novas...

Publicidade:
El Tiempo actualizado cada 20 minutos
O Tempo en Galicia
El Tiempo en Galicia
Publicidade:
Consultar o Tráfico
El Tráfico (DGT)
Chegar a Pontedeume
Llegue a Pontedeume desde cualquier lugar del mundo
Estado da Lua hoxe
Estado diario de la Luna