¿Un oso? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
¿Un jabalí? En la parte inferior de la página tienes la respuesta
          
Añadir a Favoritos  Actualizar página  Imprimir página           Inicio   Buscar   Contacto   Foro   Libro de Visitas    Links

Publicidade:

Inicio - Tempo libre - Rutas turísticas - Dacabalo

Rutas dacabalo

Esta sección divídese en dúas partes. A primeira son rutas levadas a cabo por unha empresa de turismo activo chamada "Equieume", mentres que a segunda parte son rutas dacabalo polos distintos Camiños de Santiago; aínda que aquí só mostraremos directamente o Camiño Inglés, por ser o que atravesa o noso pobo.


Rutas realizadas por "Equieume"

Esta empresa organiza rutas dacabalo guiadas por un especialista en turismo ecuestre. Titulación homologada pola Federación Internacional de Turismo Ecuestre e pola British Horse Society. Organiza tres rutas diferentes:

- Ruta dos Cañóns do Eume (duración: 1 hora aprox.)
- Ruta do Castelo de Andrade (duración: 1 hora aprox.)
- Ruta do Mosteiro de Caaveiro (duración: 3 horas e media aprox.)

Prezos:                                   10 euros/hora
Edad mínima:                           8 anos
Nº de cabalos dispoñibles:        4

Para máis información:
Equieume
Dirección: A Regueira, 44. Altos de Ombre - Pontedeume.
Telef.: 981 788 083 - 646 609 106

 

Camiño de Santiago (Camiño Inglés)

A peregrinación xacobea contou con gran fama en toda a Europa medieval. Escandinavos, flamencos, ingleses, escoceses e irlandeses empregaron con gran intensidade os camiños do mar para chegar a Ribadeo, Viveiro, Ferrol ou A Coruña coa intención de peregrinar a Santiago. Estes dous últimos enclaves costeiros, grazas á súa excepcional ubicación estratéxica, son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. A ruta A Coruña-Santiago conta con 74 km de percorrido; os tramos Ferrol-Santiago suman 118 km.

ITINERARIO

Partindo de Ferrol, o Camiño Inglés iníciase nos peiraos de Curuxeiras cara á localidade de Narón. A ruta continúa ata enlazar co camiño de O Salto, pasa polo muíño de marea das Aceas de Lembeie e cruza a ponte do río Xubia para entrar en Neda.

Déixase atrás Neda para seguir ata entrar en Fene. Saíndo da vila, a ruta enlaza co camiño real para chegar a Cabanas, en pleno estuario do Eume, o peregrino pode descansar na praia da Magdalena, antes de continuar polo paseo marítimo, cruzar a ponte e entrar en Pontedeume.

Deixando Pontedeume atrás chegamos a unha igrexa desde a cal podemos divisar unha excelente panorámica sobre rías de Ferrol, Betanzos e Ares continuando cara á aldea de Buíña ata Miño.

O camiño descende e inicia de novo un ascenso en dirección a Matacabalos, pasando por Chantada e Guende. O camiño transcorre por terreos llanos antes de descender cara a Betanzos, traxecto que ofrece unha boa panorámica de ría de Betanzos e as súas marismas.


O peregrino cruza o río Mandeo pola Ponte Vella e entra en Betanzos, antiga capital dunha das sete provincias do Reino de Galicia, polas portas da muralla medieval.

De Betanzos chegamos a Coruña, abandonamos a cidade cara á ponte de Sigüeiro sobre o Tambre onde o peregrino entra no municipio de Santiago. A ruta segue paralela ao río e continúa ata a denominada "Fonte do Inglés" e deixa atrás o polígono industrial do Tambre.

A ruta entra no casco urbano de Santiago, pasando ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, e o monumento ao peregrino, representado por unha emotiva estatua de bronce do escultor José María Acuña.

Unha vez que se visitou a catedral compostelana, punto de chegada e encontro dos peregrinos, a cidade de Santiago ofrécese ao visitante con todo o seu esplendor histórico, en toda a súa diversidade e dinamismo presentes.

Para máis información:
Caminos Galicia
Dirección: Caritel, 2 - 36829, Ponte Caldelas. Pontevedra.
Teléf.: 639·503·815
Web.: www.caminosantiagoacaballo.com / www.caminosantiagoacaballo.com/ingles.html
Email: caminosgalicia@hotmail.com / jesusmui@hotmail.com

< Voltar atrás       ^ Ir arriba

  

El Tiempo por Tutiempo.net

www.pontedeumeturismo.es

O máis destacado

'Pontedeume Turismo.es'
na revista 'Elle'
Ler máis...


¡Séguenos en Facebook!


¡Séguenos en Twitter!

Fotos oficiais do
"III FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE".
Ir a galería...

Mosteiro de
Caaveiro en 360º

Ir a enlace...

Vídeo especial desde un Oktokóptero.
Ver vídeo...

Pontedeume
en 3D
no Google Maps.
Ir a ligazón...

Especial Caaveiro
e
Fragas do Eume
Ler máis...

Máis novas...

Publicidade:
 
El Tiempo actualizado cada 20 minutos
O Tempo en Galicia
El Tiempo en Galicia
Publicidade:
 
Consultar o Tráfico
El Tráfico (DGT)
Chegar a Pontedeume
Llegue a Pontedeume desde cualquier lugar del mundo
Estado da Lua hoxe
Estado diario de la Luna